Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DSP 470/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 470/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fernando Filgueira Pérez contra a empresa Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., foi ditada a seguinte resolución:

«Auto.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Feitos.

Primeiro. No 27 de decembro de 2016 foi ditada por este xulgado sentenza pola que se admitía a demanda de despedimento formulada por Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U.

Segundo. Despois de ser notificada ás partes a resolución deste xulgado, a representación letrada da demandante foi instada solicitude de aclaración da citada sentenza.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Dispón o artigo 267 da Lei orgánica do Poder Xudicial «1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, e neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

4. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levalas plenamente a efecto poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no número anterior.

5. Se se tratar de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non haber lugar a completala.

6. Se o tribunal advertir, nas sentenzas ou autos que ditar, as omisións a que se refire o número anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se diten, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

7. Do mesmo modo que o establecido nos números anteriores o secretario xudicial procederá cando precise aclarar, rectificar, emendar ou completar os decretos que tiver ditado.

8. Non caberá ningún recurso contra os autos ou decretos en que se resolva acerca da aclaración, rectificación, emenda ou complemento a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se for caso, contra a sentenza, auto ou decreto a que se refira a solicitude ou actuación de oficio do tribunal ou do secretario xudicial.

9. Os prazos para os recursos que procedan contra a resolución de que se trate interromperanse desde que se solicite a súa aclaración, rectificación, emenda ou complemento e, en todo caso, comezaranse a computar desde o día seguinte á notificación do auto ou decreto que recoñeza ou negue a omisión do pronunciamento e acorde ou denegue remediala».

Segundo. En relación coa petición formulada pola parte no escrito do 13 de xaneiro de 2017, simplemente hai que aclarar que a cuantificación da indemnización correspondente, unha vez verificadas as operacións aritméticas, se mantén conforme o disposto na disposición da sentenza, e a falta de conformidade co seu cálculo, dado que non constitúe unha aclaración de resolución senón que gardan relación co fondo do asunto, deberá ser obxecto do pertinente recurso de suplicación.

Parte dispositiva.

Debo acordar non haber lugar á aclaración da sentenza do 27 de decembro de 2016 nos termos expresados no escrito do 13 de xaneiro de 2017.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza