Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16032

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (96/2015).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 96/2015

Sobre outras materias

Demandante: Silvia Jiménez Gavilán

Procuradora: Sandra Amor Vilariño

Avogada: Yolanda Martínez Pereira

Demandado: Xabier Díaz García

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Silvia Jiménez Gavilán fronte a Xabier Díaz García ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sandra Amor Vilariño, en nome e representación de Silvia Jiménez Gavilán, contra Xabier Díaz García acordo:

1º. Atribúese a garda e custodia dos fillos menores Ekaitz e Xabier á nai, Silvia Jiménez Gavilán, sendo o exercicio da patria potestade compartida.

2º. Non se fixa réxime de visitas dos expresados fillos a favor do pai.

3º. Establécese a cargo do pai e para os fillos unha pensión de alimentos consistente en cento cincuenta euros ao mes para cada fillo, que será aboada dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe o pai e será actualizable anualmente conforme o IPC.

4º. Os gastos extraordinarios aboaranse por metade entre ambos os proxenitores; son gastos extraordinarios a asistencia médica non incluída na Seguridade Social (lentes, próteses, ortodoncia, vacinas etc.) e os escolares (como actividades extraescolares, campamentos etc.) que deberán ser consensuados.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado nun prazo de vinte días a partir da súa notificación e que, se é o caso, coñecerá a Audiencia Provincial.

Así por esta a miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos da súa razón, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Xabier Díaz García, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 10 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial