Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16030

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1745/2014).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, certifico que nos autos de referencia se ditou sentenza cuxo encabezado e resolución literalmente copiados din:

Sentenza número 200/2016.

Ourense o 15 de febreiro de 2016.

Vistos por Manuel Marquina Álvarez, maxistrado xuíz de adscrición territorial asignado ao Xulgado de Primeira Instancia número 6 dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal sobre modificación de medidas número 1745/2014, seguidos por iniciativa de Carolina Cao Rivera, representada pola procuradora Sra. González Nespereira e asistida pola letrada Sra. De León Elías, fronte a María Iluminación Rodríguez Alonso, Antonio Figueiras Blanco e Antonio Figueiras Rodríguez, rebeldes. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolución:

Estímase a demanda presentada por Carolina Cao Rivera contra María Iluminación Rodríguez Alonso, Antonio Figueiras Blanco e Antonio Figueiras Rodríguez, e modifícanse parcialmente as medidas definitivas acordadas en sentenza ditada por este xulgado no procedemento sobre garda e custodia e alimentos a favor de menor núm. 458/2009, o día 21 de outubro de 2010, no sentido de deixar sen efecto os réximes de visitas fixados en favor dos tres demandados.

O resto das medidas acordadas na referida sentenza permanecerá inalterable. Sen expreso pronunciamento.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito, expresando os motivos polos que se interpón recurso, ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal na forma prevista pola lexislación vixente, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Antonio Figueiras Rodríguez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 7 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza