Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (645/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 645/2015

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: José Ramón Goimil Señarís

Avogado: José Nogueira Esmorís

Demandados: Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Administración Concursal de Sumtec, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 645/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Ramón Goimil Señarís contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Administración Concursal de Sumtec, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo fallo di:

«Tense por desistido a José Ramón Goimil Señarís, da acción exercitada fronte á entidade Caamaño e Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento, foron interpostas por José Ramón Goimil Señarís, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Administración Concursal de Sumtec, S.L.

Que debo estimar e estimo, a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta por José Ramón Goimil Señarís, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a José Ramón Goimil Señarís, coa entidade Montajes Eléctricos Sumtec, S.L., con efectos do 27 de xaneiro de 2016, debo condenar e condeno solidariamente ás empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., a que aboe ao demandante a indemnización a razón de 26.826,52 €.

Que debo estimar e estimo, a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Goimil Señarís, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente ás Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 10.942,19 € brutos por salarios percibidos entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos os dous inclusive, así como os xuros do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade, foi interposta por José Ramón Goimil Señarís, contra a entidade Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., á que debo absolver do peticionado na seu contra. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza pronúncia, manda e asina a magistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., y Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza