Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (602/2016).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 602/2016

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: José Manuel Lagares Rey

Avogada: Ana Belén García Martínez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Nueva Línea Iglesias, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Lagares Rey contra o Fondo de Garantía Salarial, Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L. e Nueva Línea Iglesias, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 602/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. e Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 16 de maio de 2017, ás 11.30 e ás 11.35 horas, na planta baixa, sala 1, no edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. e Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 15 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza