Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 11/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2017 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Manuel Balado Rodríguez, Juan José Balado Mosquera contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., Fogasa, ditouse a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por parte de José Manuel Balado Rodríguez, Juan José Balado Mosquera presentaron solicitude de execución da sentenza nº 350/2016 de data 31.10.2016 ditada no procedemento ordinario 835/2013 fronte a Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., Fogasa e, atendendo á devandita solicitude, en data 16.1.2017 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 7.290,85 euros en concepto de principal, máis outros 729,08 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación: (José Manuel Balado Rodríguez: 3.774,81 euros en concepto de principal: 2.855,01 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e indemnización; 898,63 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 2.679,73 euros; 21,17 euros en concepto de intereses do artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización por fin de contrato que comporta 175,28 euros) e 377,48 euros en concepto de xuros e costas. Juan José Balado Mosquera: 3.516,04 euros en concepto de principal: 2.659,31 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e indemnización; 837 euros en concepto de xuros artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 2.495,96 euros; 19,73 euros en concepto de xuros do art. 1108 do Código civil respecto da indemnización por fin de contrato que comporta 163,35 euros) e 351,60 euros en concepto de xuros e costas).

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., realizada por decreto de data 27.6.2014, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 133/14.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse en data 16.1.2017 decreto dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base abondo para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podendo ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria, cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que haberá de entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar ao executado Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 7.290,85 euros en concepto de principal, máis outros 729,08 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación: (José Manuel Balado Rodríguez: 3.774,81 euros en concepto de principal: 2.855,01 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e indemnización; 898,63 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 2.679,73 euros; 21,17 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización por fin de contrato que comporta 175,28 euros) e 377,48 euros en concepto de xuros e costas. Juan José Balado Mosquera: 3.516,04 euros en concepto de principal: 2.659,31 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e indemnización; 837 euros en concepto de xuros artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 2.495,96 euros; 19,73 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización por fin de contrato que comporta 163,35 euros) e 351,60 euros en concepto de xuros e costas), insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza