Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1209/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1209/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Argibay Janeiro contra O Boi de Carlos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo fallo di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato, foron interpostas por Cristian Argibay Janeiro, contra a entidade O Boi de Carlos, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a Cristian Argibay Janeiro, coa entidade O Boi de Carlos, S.L., no día de hoxe (13 de febreiro de 2017), e condeno a entidade O Boi de Carlos, S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 2.883,05 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Cristian Argibay Janeiro contra a entidade O Boi de Carlos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade O Boi de Carlos, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.328,68 euros brutos por salarios do mes de outubro de 2015, e 5.318,19 euros brutos por prestacións de incapacidade temporal e complemento de convenio de prestación devindicados entre novembro de 2015 e outubro de 2016, ambos os dous inclusive, así como o interese do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Xulgado do Social número 5.

Así o acorda, manda e asina a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa O Boi de Carlos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza