Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

AUTO de aclaración de sentenza (PO 140/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 140/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Clarisa Rey Porras, Eva María Vázquez Naveira, José Manuel Rivas Gómez, Manuela Balboa Carbia, José Enrique Sambad García, Antonio Vázquez Regueiro, Jesús Javier Araujo Padín, Yolanda María Varela Vázquez, contra Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Club Financiero Atlántico, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Segundo. No presente procedemento, con data do 10 de febreiro de 2017 ditouse sentenza, en que se estimaba a demanda, e a parte demandante consideraba que se omitira un pronunciamento expreso en canto á «xornada laboral», que considera que se modificou como consecuencia da «subrogación empresarial», que é a pretensión principal da demanda, coa cal se pretende o recoñecemento da súa produción entre Remocsa e Club Financiero Atlántico, S.A., e fronte á cal a parte codemandada non manifestou oposición e, ademais, existe un erro de transcrición no antecedente de feito primeiro da citada sentenza.

En primeiro lugar, en relación co erro de transcrición denunciado, efectivamente, fíxase que a pretensión no presente procedemento no antecedente de feito primeiro se refire á entidade propietaria do Club Financiero Atlántico, S.A., cando debería dicir Club Financiero Atlántico, S.A., tal e como se pode concluír do teor da citada resolución.

En segundo lugar, e para os efectos de «aclarar» a ausencia de pronunciamento respecto desta cuestión, este xulgado debe completar a sentenza ditada, engadindo un fundamento de dereito segundo bis, para os efectos de resolver tal pretensión existente na demanda reitora, cuxo contido se transcribe a seguir.

«... Así, estimada a existencia dunha “sucesión empresarial”, no fundamento previo, entre a entidade Remocsa e Club Financiero Atlántico, S.A., consecuencia do cal debería quedar a nova empregadora “subrogada” nas condicións de antigüidade, categoría e salario que se declararon probadas no feito probado primeiro da presente resolución, con todo tal pretensión non se pode considerar respecto á suposta modificación da xornada laboral dos traballadores, xa que non se presentou proba suficiente que nos permita concluír que efectivamente se produciu a “modificación” desta condición laboral, pois non podemos concluír cal é a xornada laboral realizada polos aquí demandantes, Mercedes Clarisa Rey Porras, Eva María Vázquez Naveira, José Manuel Rivas Gómez, Manuela Balboa Carbia, José Enrique Sambad García, Antonio Vázquez Regueiro, Jesús Javier Araujo Padín e Yolanda María Varela Vázquez, non xa coa nova empregadora Club Financiero Atlántico, S.A., posto que constan presentados como documental os novos contratos de traballo subscritos, coa súa demanda, senón coa anterior empregadora Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., xa que en relación con esta entidade só consta presentado o contrato de traballo de tres deles, Eva María Vázquez Naveira, Jesús Javier Araujo Padín e Yolanda María Varela Vázquez. Constan unicamente en relación coa primeira unha xornada laboral de luns a venres, mentres que do segundo non consta a distribución da xornada e, en canto á terceira, consta expresamente a xornada de luns a sábado.

Por isto, ao non constar que tras a notificación por medio do contrato subscrito coa súa nova empregadora Club Financiero Atlántico, S.A., os aquí demandantes promovesen demanda de impugnación de “modificación substancial de condicións de traballo”, en relación con esta xornada laboral e, especialmente, porque non presentou proba suficiente aquel a quen lle corresponde, que é a parte demandante, da distribución da xornada laboral de luns a venres, e non no modo en que se subscribiu nos novos contratos de luns a sábado, que non resulta en ningún modo nin do informe da Inspección, nin se achegan os contratos, horarios ou calendarios que permitan consideralas, a pretensión relativa á xornada laboral que pretende que sexa reposta debe ser desestimada…».

Acórdase o complemento da sentenza ditada o 10 de febreiro de 2017, ditada neste procedemento, de maneira que se recolle un fundamento de dereito segundo bis, co contido que se fixa no fundamento de dereito segundo da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra este auto non cabe interpor ningún recurso distinto do que, de ser o caso, se poida interpor fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou, cuxo prazo se restablecerá coa notificación da presente resolución.

Así o acorda e asina Pilar Carreira Vidal, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á propietaria do Club Financiero, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza