Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 201/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 201/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Andión López contra Juan Carlos García Ferrándiz, sobre despedimento e cantidade, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

Estimo a demanda presentada por Iria Andión López, representada pola letrada Sra. Pérez Vega, contra Luis Carlos García Ferrándiz, que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con efectos desde o 25 de febreiro de 2016.

– Non constando ser realizable a readmisión, por peche da empresa, declaro extinguida a relación laboral existente entre a demandante e o demandado no día da data, e condeno a empresa a aboar á demandante a cantidade de 1.071,81 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como os salarios de tramitación producidos desde o 25 de febreiro de 2016 de 2015 ata o día da data, a razón de 15,59 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0201-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non desfrute do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0201-16, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario «Xulgado Social número 1 de Lugo» e como «concepto» o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

E para que sirva de notificación en forma a Juan Carlos García Ferrándiz, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza