Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 575/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 575/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ignacio Caamaño Romar contra a empresa E.S.A. Betanzos Ferrolterra, S.L., Servicios Agrarios Ulla-Salnés, S.L., Fogasa, Norte Forestal, S.A., sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza.

A Coruña, 3 de marzo de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº PO 575/2014, en que foron parte, dun lado, como demandante, Ignacio Caamaño Romar, con DNI 32809678-V, representado polo letrado José Nogueira Esmorís e, como demandados, a mercantil Norte Forestal, S.A., representada polo letrado Vicente Fernández Victoria; a mercantil ESA Betanzos Ferrolterra, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma; Servicios Agrarios Ulla Salnés, que non comparece malia estar citada en legal forma, e coa participación do Fogasa, que non comparece pese a estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Ignacio Caamaño Romar, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa E.S.A. Ulla Salnés, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.947,88 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Apróbase a desistencia respecto de E.S.A. Betanzos Ferrolterra, S.L. e Norte Forestal, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Agrarios Ulla-Salnés, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza