Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (747/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 747/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Millares Álvarez contra a Mutua Maz, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Expoferrer, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza que realizou a vista do procedemento número 747/2012, despois de ver os presentes autos, promovidos ante este Xulgado do Social sobre seguridade social-determinación de continxencia, por instancia de Julio Millares Álvarez, asistido polo letrado Fernando Mosquera Viéitez contra Expoferrer, S.A., que non comparece; a Mutua Maz, que comparece asistida e representada polo letrado Daniel Leyte Domínguez, e contra o ISM, o INSS e a TGSS, que comparecen asistidos e representados polo letrado da Administración da Seguridade Social, Francisco Requejo Gutiérrez, ditou a presente sentenza.

Resolución:

Que debo aceptar e acepto a excepción de caducidade da instancia respecto da pretensión relativa á declaración da incapacidade permanente total como derivada de accidente laboral, deixando imprexulgado o fondo do asunto, e debo aceptar e acepto a pretensión exercida na demanda inicial e, en consecuencia, declaro que a continxencia da prestación de incapacidade permanente absoluta recoñecida ao demandante deriva de accidente laboral, condenando a mutua demandada ao aboamento da prestación correspondente con efectos do 6 de decembro de 2011 e ao resto das demandadas a estar e pasar pola presente resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Expoferrer, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza