Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14040

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (101/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 101/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de Francisco Manuel González Teira contra Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L., Nova Albariza, S.L., Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

PO Procedemento ordinario 101/2015.

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario.

Demandante: Francisco Manuel González Teira.

Avogada: María Sol Romero Salgado.

Demandada: Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L., Nova Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece Reparto y Restauración, S.L. , Fogasa (Fondo de Garantia Salarial).

Avogado/a: Fogasa.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 101/2015, sendo parte neste, como demandante, Francisco Manuel González Teira, asistido pola letrada Romero Salgado e, como demandados, Pollos Albariza, S.L., Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., e Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L., que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Fallo estímase a demanda interposta por Francisco Manuel González Teira fronte a Pollos Albariza, S.L., Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., e Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L., e, en consecuencia, condénase solidariamente as demandadas a aboar ao demandante a cantidade de 6.311,27 euros, máis os xuros do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente-causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na «conta de depósitos e consignacións» aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L. Nova Albariza, S.L., Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no tablón de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no tablón de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza