Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14037

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (72/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 72/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Alta Decoración I, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, contra Alta Decoración I, S.L., parte executada, por importe de 1.357,54 euros de principal (1.157,54 euros + 200 euros en concepto de honorarios do letrado) máis outros 135,75 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Alta Decoración I, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Fundación Laboral de la Construcción e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente».

Para que sirva de notificación en legal forma a Alta Decoración I, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza