Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12239

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (302/2016 J).

Divorcio contencioso (DCT) 302/2016 J

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Edelmiro Jubón Varela

Procuradora: Ana Stock Bernárdez

Avogada: María Pilar Núñez-Torrón Caballero

Demandada: Floralba Fonseca Martínez

María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Edelmiro Jubón Varela fronte a Floralba Fonseca Martínez, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

Sentenza.

Xuíza que a dita: xuíza Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: vinte e un de outubro de dous mil dezaseis.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de divorcio contencioso número 302/2016-J, seguidos por instancia de Edelmiro Jubón Varela, representado pola procuradora Ana Stock Bernárdez e baixo a dirección letrada de Pilar Núñez Torrón, contra Floralba Fonseca Martínez, en situación de rebeldía procesual.

Decisión:

Que estimando a demanda de divorcio presentada por Edelmiro Jubón Varela, representado pola procuradora Ana Stock Bernárdez, contra Floralba Fonseca Martínez, en situación de rebeldía procesual, declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Edelmiro Jubón Varela e Floralba Fonseca Martínez, con todos os efectos e consecuencias legais que lle son inherentes, sen que caiba adoptar ningunha medida. Non procede a imposición de custas.

Comuníqueselles esta sentenza, unha vez que sexa firme, aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

Expídase testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón. O orixinal quedará arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíqueselles esta ás partes, con advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interporse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose a dito demandada, Floralba Fonseca Martínez, en rebeldía, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 17 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza