Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12237

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2150/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2150/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 11/2015. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Buma Galicia, S.L., María Ángeles Fernández López

Avogado: Antonio Grandal Pita

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2150/2015, seguido por instancia de María Ángeles Fernández López contra Buma Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento disciplinario, o Tribunal Supremo ditou a sentenza cuxa parte dispositiva di así:

«Resolvo:

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1º. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo avogado do Estado.

2º. Confirmar a Sentenza ditada o 10 de setembro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de suplicación número 2150/2015, que resolveu o formulado contra a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 5 de marzo de 2015, ditada en Autos número 11/2015, seguidos por instancia de María de los Ángeles Fernández López contra Buma Galicia, S.L. e Fogasa, sobre despedimento.

3º. Condenar o recorrente ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina...».

Para que sirva de notificación en legal forma a Buma Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio en Estrada de Castela, 4, Narón, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza