Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12241

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (135/2016).

Tatiana Villaescusa Martín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Estefanía Blanco Barreiro contra Razvan Ioan Varodi foi ditada sentenza cuxo teor literal di:

«Sentenza nº 120/2016.

Betanzos, 22 de setembro 2016.

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro, en xuízo oral e público, os autos do xuízo verbal, dito sentenza sobre a base dos seguintes:

Decido estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Delgado Rodríguez, en nome e representación de Estefanía Blanco Barreiro e asistida da letrada María José Calviño, contra Razvan Ioan Varodi, en rebeldía procesual, debo declarar e declaro o demandado Razvan Ioan Varodi privado da patria potestade sobre a súa filla Lucía Varodi Blanco e impoño a Razvan Ioan Varodi a obriga de aboar, a favor da súa filla e en concepto de pensión de alimentos, unha pensión polo importe de 150 € mensuais nos 5 primeiros días de cada mes, cantidade que se actualizará anualmente conforme as variacións do IPC do INE.

Sen expresa imposición das custas procesuais.

Contra esta sentenza poderase interpor ante este xulgado recurso de apelación que se presentará por medio de escrito ante este xulgado.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E encontrándose o devandito demandado, Razvan Ioan Varodi, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 5 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza