Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 259/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 259/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Díaz Prieto contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., administración concursal de Esabe Vigilancia, S.A. e que asume Forensic Solutions, S.L.P. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza

Na Coruña o quince de febreiro de dous mil dezasete.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 259/2014 sendo parte neste, dun lado como demandante José Manuel Díaz Prieto, asistido polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, e como demandados Esabe Vigilancia, S.A., administración concursal de Esabe Vigilancia, S.A. e que asume Forensic Solutions, S.L.P. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta polo actor José Manuel Díaz Prieto, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 266,56 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza