Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (645/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 645/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Goimil Señarís contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Sumtec, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Tense por desistido José Ramón Goimil Señarís da acción exercida fronte á entidade Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Ramón Goimil Señarís contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal de Sumtec, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta por José Ramón Goimil Señarís contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a administración concursal de Sumtec, S.L., e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a José Ramón Goimil Señarís coa entidade Montajes Eléctricos Sumtec, S.L., con efectos do 27 de xaneiro de 2016, debo condenar e condeno solidariamente as empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L. a que aboen ao demandante a indemnización a razón de 26.826,52 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Goimil Señarís contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a administración concursal de Sumtec, S.L. a que aboen á demandante a cantidade de 10.942,19 euros brutos por salarios devindicados entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos os dous inclusive, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Goimil Señarís contra a entidade Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., á que debo absolver do pedido na súa contra. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma en 15 de febreiro de 2017, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza