Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (147/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 147/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurelio Pereiras Míguez contra Galisec, S.L. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Declarar as executadas, Galisec, S.L. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en situación de insolvencia por importe de 46.795,17 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza