Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11841

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (649/2014).

Procedemento ordinario 649/2014

Sobre outras materias

Demandante: Comunidad de propietarios c/ Doctor Malvar y Dos Muíños

Procuradora: María del Carmen Vázquez Méndez

Avogado: Juan Luis Pía Antón

Demandado: Hispanocantábrica de Construcciones y Promociones, S.L., Profejuma, S.L.

Procuradora: Carolina Fernández Díaz

María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente anuncio

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidad de propietarios c/ Doctor Malvar y Dos Muíños fronte a Hispanocantábrica de Construcciones y Pomociones, S.L., Profejuma, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, despois de ver os autos correspondentes ao xuízo ordinario seguido ante este xulgado co número referenciado na marxe por instancia de Comunidad de propietarios de Calle Doctor Malvar y Dos Muíños, representada pola procuradora Sra. Vázquez Méndez e baixo a dirección letrada de José Luis Pía Antón contra Hispanocantábrica de Construcciones y Promociones, S.L., en rebeldía procesual, e Profejuma, S.L., representada pola procuradora Sra. Fernández Díaz e baixo a dirección letrada de Manuel Ferreiro, dita esta sobre a base da presente.

Decido que, estimando a demanda promovida por Comunidad de propietarios de Calle Doctor Malvar y Dos Muíños, representada pola procuradora Sra. Vázquez Méndez contra Hispanocantábrica de Construcciones y Promociones, S.L., en rebeldía procesual e Profejuma, S.L., representada pola procuradora Sra. Fernández Díaz, déboa condenar e condénoa a Hispanocantábrica de Construcciones y Promociones, S.L. a reparar os danos materiais derivados dos vicios ou defectos construtivos manifestados no inmoble e descritos no informe técnico dos arquitectos Sr. Cabezas Torrelo e Castelo Pérez, e contidos no feito sexto da demanda nos termos que constan neste, así como a indemnizar a demandante na suma de catro mil sesenta e oito euros con vinte e nove céntimos (4.068,29 €), xuros e custas.

Que debo absolver e absolvo a Profejuma, S.L., representada pola procuradora Sra. Fernández Díaz, respecto das pretensións deducidas de adverso, con imposición de costas á parte demandante.

Notifíquese ás partes con advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Hispanocantábrica de Construcciones y Promociones, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza