Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11839

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 27 de febreiro de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 24 de xaneiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social, mediante Orde do 24 de xaneiro de 2017 (DOG nº 24, de 3 de febreiro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde do 24 de xaneiro de 2017.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles, se comporta o reingreso o servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: López Somoza, Isaac.

DNI: 34246033E.

Grupo: A1-A2-C1.

Corpo/escala: funcionario/laboral.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: PS.C99.40.802.27300.001.

Nivel: 22.

Dependencia: Residencia de Maiores (Monforte de Lemos).

Localidade: Monforte de Lemos.