Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11351

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (946/2015).

María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, mediante este edicto fai constar que no procedemento ordinario arriba referenciado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentenza.

En Ourense o 14 de decembro de 2016, visto por Darío Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e o seu partido xudicial, os autos do xuízo referenciado co número 946/2015 promovido polo procurador Sr. Pérez Pérez, actuando en nome e representación de José Fernando Pumar Gómez, con asistencia da letrada Sra. Martínez González, fronte a Celso Pumar Gómez e Olga Mª Pumar Gómez, os cales non compareceron a xuízo, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Sr. Pérez Pérez, actuando en nome e representación de José Fernando Pumar Gómez, fronte a Celso Pumar Gómez e Olga Mª Pumar Gómez, e na devandita razón declárase resolto o contrato de arrendamento de local de negocio de gardaría de coches do 17 de maio de 1989, e condénanse os demandados a deixar libre o local de negocio con apercibimento que de non o facer se procedería ao seu lanzamento, así como a pagar as rendas debidas que ascenden a 14.183,60 euros e en canto a xuros resultan de aplicación os do artigo 576 da LAC.

En canto a costas, obsérvese o disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense segundo o disposto no artigo 455 e concordantes da LAC na súa nova redacción.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Darío Carpio Estévez Pérez. Asinado e rubricado».

E encontrándose os devanditos demandados, Celso Pumar Gómez e Olga María Pumar Gómez, en paradoiro descoñecido, declarados en situación de rebeldía procesual, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Ourense, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza