Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11348

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 390/2015-IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 390/2015 desta sección, seguido por instancia de Manuel Martínez Facal contra Lemos Romero, S.L., Fogasa, Caser, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Aegon Unión Aseguradora, S.A., Levantina y Asociados de Minerales, S.A., Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Juan Pazos, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Gransitosa, S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L. e Granichan, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou, con data do 13.1.2017, a seguinte resolución:

«A Coruña, 13 de febreiro de 2017.

Únase o anterior escrito, subscrito pola letrada Verónica Lagares Tena, en representación de Levantina y Asociados de Minerales, S.A. ao recurso correspondente.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina.

Conforme o escrito presentado, expídase e únase testemuño da sentenza alegada de contraste, con nota de firmeza, ditada por este tribunal, con data do 16.9.2011, no RSU 5867/2007.

Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días. Deberase designar un domicilio para notificacións na sede da dita sala e acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Emprácese a Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada e Esmedra, S.L., a través de edicto no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada e Esmedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Edicto.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 390/2015 desta sección, seguido por instancia de Manuel Martínez Facal contra Lemos Romero, S.L., Fogasa, Caser, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Aegon Unión Aseguradora, S.A., Levantina y Asociados de Minerales, S.A., Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Juan Pazos, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Gransitosa, S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L. y Granichan, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou, con data do 30.11.2016, a seguinte resolución:

Que debemos estimar e estimamos os recursos de emenda e complemento de sentenza interpostos polas aseguradoras citadas e, así, a parte dispositiva da citada resolución debe emendarse e completarse e quedar redactada co seguinte teor literal:

«Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Martínez Facal contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Reforzo de Vigo, con data do 27 de xuño de 2014, debemos revogar e revogamos esa resolución e, con estimación da petición subsidiaria da demanda formulada polo recorrente, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 45.000 euros, e condenamos as codemandadas Lemos Romero, S.L., Levantina y Asociados de Minerales, S.A. (Esteve y Mañez, S.A.), Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaquero, S.L., Juan Pazos, S.L., Gransitosa, S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L. e Granichan, S.L. e as súas respectivas aseguradoras, que asegurasen a responsabilidade civil delas coas correspondentes pólizas de responsabilidade civil, ao seu recoñecemento e aboamento, con absolución de Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Catalana Occidente, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Caser, S.A. e Allianz, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso distinto do que, de ser o caso, sexa procedente fronte á resolución aclarada.

Así, por este auto, o acordan, mandan e asinan os/as maxistrados/as citados á marxe. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada e Esmedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza