Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11346

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (390/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 390/2015 desta sección, seguido por instancia de Manuel Martínez Facal contra Lemos Romero, S.L., Fogasa, Caser, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Aegon Unión Aseguradora, S.A., Levantina y Asociados de Minerales, S.A., Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Juan Pazos, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Gransitosa, S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L., Granichan, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou, o 30 de novembro de 2016, a seguinte resolución:

Que debemos estimar e estimamos os recursos de emenda e complemento de sentenza interposto polas aseguradoras citadas, e así a parte dispositiva da citada resolución debe emendarse e completarse e quedar redactada co seguinte teor literal: “Que, estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Martínez Facal contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de reforzo de Vigo con data do 27 de xuño de 2014, debemos revogar e revogamos a dita resolución e, con estimación da petición subsidiaria da demanda formulada polo recorrente, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 45.000 euros e condenamos as codemandadas Lemos Romero, S.L., Levantina y Asociados de Minerales, S.A. (Esteve y Mañez, S.A.), Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Juan Pazos, S.L., Gransitosa S.L., Ferses, S.L., Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada, Esmegra, S.L., Granichan, S.L. e as súas respectivas aseguradoras, que asegurasen a súa responsabilidade civil coas correspondentes pólizas de responsabilidade civil, ao seu recoñecemento e aboamento, con absolución de Mapfre Empresas Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Catalana Occidente, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Caser, S.A. e Allianz, S.A.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso distinto daquel que, de ser o caso, caiba contra a resolución aclarada.

Así o acordan, mandan e asinan por este auto os/as maxistrados/as citados/as na marxe. Dou fe.

Para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Gramacor, S.L., Galega de Granitos, S.A., Olegario Gil Besada e Esmedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza