Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11353

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 357/2016).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento XVB 357/2016 seguido por instancia de Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros fronte a Valiño Barrio, S.L., ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 126/2016.

Xuízo verbal número 357/2016.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Axa Seguros.

Avogado: Sra. Fernández Galán.

Procurador: Sr. García Piccoli Atanes.

Demandada: Valiño Barrio, S.L. (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016.

Resolución:

Estimo integramente a demanda presentada por Axa Seguros contra Valiño Barrio, S.L. e condeno a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de 833,27 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda ata a data da sentenza e cos do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

E encontrándose a devandita demandada, Valiño Barrio, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza