Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (PO 722/2015).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña, no procedemento PO 722/2015 se ditou Resolución do 8 febreiro de 2017, dirixida a Salvador Beltrán Moreno, contra a que se poden interpoñer os oportunos recursos de suplicación, no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Salvador Beltrán Moreno, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza