Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 124/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 124/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Seoane Aldrey, Javier Castro Mosquera, Marcelino Ríos Sánchez, Jorge Otero Pampín, José Antonio Rodríguez Liste, José Manuel García Asorey, contra a empresa Hermanos Seoane, S.L., e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Antonio Seoane Aldrey, Javier Castro Mosquera, Marcelino Ríos Sánchez, Jorge Otero Pampín, José Antonio Rodríguez Liste e José Manuel García Asorey, contra Hermanos Seoane, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Hermanos Seoane, S.L. a aboar a cada un dos demandantes as cantidades que se indican a seguir máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, desde a presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución:

– A Antonio Seoane Aldrey a suma de 902,33 euros.

– A Javier Castro Mosquera a suma de 902,33 euros.

– A Marcelino Ríos Sánchez a suma de 919,85 euros.

– A Jorge Otero Pampín a suma de 919,85 euros.

– A José Antonio Rodríguez Liste a suma de 902,33 euros.

– A José Manuel García Asorey a suma de 919,85 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e débese observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza