Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (254/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 254/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Coro Álvarez contra a empresa Maferlan, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Rafael Coro Álvarez contra Maferlan, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 4.982,15 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado terceiro desta resolución máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto dos conceptos salariais (que comportan 4.301,59 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización (que comporta 680,56 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Maferlan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza