Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (93/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 93/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Costa Barreiro contra a empresa Aseinfor, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por María Jesús Costa Barreiro, con DNI 44816404F, contra a empresa Aseinfor, S.L., debo declarar e declaro que procede esta, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 7.931,32 euros brutos, polos conceptos sinalados no feito probado segundo, máis o xuro por mora do 10 % anual, respecto das cantidades salariais. Absólvese o Fogasa nesta instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade legal subsidiaria, prevista no artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber o seu dereito para interpoñeren contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.”

Para que sirva de notificación en legal forma a Aseinfor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza