Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1140/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1140/2015 deste xulgado do social de reforzo, seguido por instancia de Julio César Durán Piñeiro contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Grupo Fernández Automoción, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: PO 1140/2015.

Auto.

A Coruña, 30 de decembro de 2016.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 24.11.2016. A demandante solicitou o complemento de tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado na data do 7.12.2016.

Fundamento de dereito único. Este xulgador non se pronunciou sobre a condena en custas da demandada na sentenza ditada por canto, como debería de coñecer a defensa letrada da parte demandante, no procedemento laboral non existe a condena en custas na instancia.

Por outro lado, tampouco se solicitou a aplicación dos artigos 97.3 nin 66.3 da LRXS. En todo caso, non se acreditou, nin sequera se puxo de relevo, que a demandada tería actuado con temeridade ou mala fe. Tampouco se achegou coa demanda a papeleta conciliatoria que puidese permitir analizar se o solicitado nela coincide esencialmente co estimado na sentenza ditada.

En consecuencia, non procede aclaración nin emenda ningunha da sentenza ditada.

Parte dispositiva:

Non procede o complemento ou aclaración da sentenza ditada no presente procedemento.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Grupo Fernández Automoción, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza