Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 613/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada de reforzo da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 613/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Andrés Fernández López contra Anseris Hostelería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 613/2016.

Demandante: José Andrés Fernández López.

Letrada: Sra. Sánchez.

Demandados: Anseris Hostelería, S.L. e o Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2017

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Andrés Fernández López fronte á empresa Anseris Hostelería, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 1.708,77 euros.

3º. O Fogasa deberá avirse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza