Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (412/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 412/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Rey López contra Recoge Galicia de Gestión, S.L., Riveiro y Riveiro Asociados, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 41/17.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento 412/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Carmen Rey López, representada pola letrada María Eugenia Liñeira Piñeiro, contra Recoge Galicia Gestión, S.L. e Riveiro y Riveiro Asociados, S.L., que non comparecen e con intervención do Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Carmen Rey López contra Recoge Galicia Gestión, S.L. e Riveiro Y Riveiro Asociados, S.L. e declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno solidariamente as empresas a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 48,83 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 9.827,04 euros.

Desestímase a pretensión acumulada de reclamación de cantidade.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Recoge Galicia de Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza