Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1081/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1081/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Amarelle Gerpe e María Isabel Lorenzo Cambre contra Durangal, S.L., Limpiezas y Mantenimientos de Coruña, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Na Coruña, o 1 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento 1081/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Carmen Amarelle Gerpe e María Isabel Lorenzo Cambre, representadas polo letrado José Daniel Pérez López, contra Durangal, S.L., que non comparece, Limpiezas y Mantenimientos de Coruña, S.L., representada polo letrado Favio Abad Díaz, e contra Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Carmen Amarelle Gerpe e María Isabel Lorenzo Cambre e condeno a empresa Durangal, S.L. a que aboe as seguintes cantidades:

• A Carmen Amarelle: 2.905,35 euros.

• A María Isabel Lorenzo: 2.518,08 euros.

Absólvese a empresa Limpiezas y Mantenimientos de Coruña, S.L. de todos os pedimentos deducidos na súa contra.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Durangal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza