Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9098

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO (373/2014).

Procedemento ordinario 373/2014

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Ángeles Durán López

Procuradora: Carolina Riobó Pérez

Demandados: Ibericar Alquiler de Automóviles, S.L., Nemesio Durán Alonso

Procuradora: Eugenia Amoedo Lusquiños

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

No Porriño o 31 de marzo de 2016.

Vistos por min, Eva Ferreiro Estévez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario número 373/2014 seguidos por instancia de Ángeles Durán López, representada pola procuradora Sr.a Riobó Pérez e asistida polo letrado Sr. Teixeira Rodríguez, contra a entidade Ibericar Alquiler de Automóviles, S.L., procede ditar a presente resolución con base nos seguintes:

Resolución.

Estimo a demanda interposta por Ángeles Durán López, representada pola procuradora Sra. Riobó Pérez e asistida polo letrado Sr. Teixeira Rodríguez, contra a entidade Ibericar Alquiler de Automóviles, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro que os vehículos matrícula PO-4318-AM, PO-9995-AK, PO-4584-AM, PO-5582-AJ, PO-9993-AK, PO-1695-AT, PO-6741-AP, PO-3869-AT, PO-1713-AP, PO-1466-AP, PO-0231-AP, PO-7828-AS, PO-6160-AS, PO-6512-AS, PO-2414-AM, PO-3377-AN, PO-4322-AM e PO-4105-AL, sinalados na escritura do 10 de novembro de 1995 de dación en pagamento e para pagamento de débedas, asinada ante o notario Alfonso Emilio Rodríguez Sánchez, co número 3.378 do seu protocolo, son propiedade exclusiva da demandada Ibericar Alquiler de Automóviles, S.L., desde a devandita data da citada escritura e, consecuentemente, condeno a entidade demandada a inscribir a súa titularidade ante os rexistros e organismos públicos competentes e a realizar todos os actos necesarios para inscribir ao seu nome os devanditos vehículos, así como ao pagamento das custas do presente procedemento.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá presentarse no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado conforme o disposto nos artigos 455.1 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, logo do depósito da cantidade correspondente na conta de depósitos e consignacións.

Notifíquese esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas quedando testemuño dela nestes autos.

Así o acordo, mando e asino.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Porriño

Autos.

Xuíza/maxistrada xuíza: Eva Ferreiro Estévez.

No Porriño o dezanove de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito

Primeiro. No presente procedemento ditouse sentenza, que foi notificada ás partes litigantes.

Segundo. Na referida resolución figura a sociedade demandada como Ibericar Alquiler de Automóviles, S.L.

Terceiro. A parte demandante solicita a rectificación do erro, facendo constar que a denominación correcta é Ibercar Alquiler de Automóviles S.L.

Cuarto. Comprobado o expediente, faise contar que a demandada consta como Ibercar Alquiler de Automóviles, S.L. na escritura de 10.11.1995 outorgada ante o notario Santiago Botas Prego, cuxa copia se presenta co escrito de demanda.

Parte dispositiva

Acordo:

Estimar a petición formulada pola Procuradora Sr.a Riobó Pérez de aclarar a sentenza, ditada no presente procedemento, no sentido de que onde di Ibericar Alquiler de Automóviles, S.L. deberá dicir Ibercar Alquiler de Automóviles, S.L.

Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución á que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda a súa señoría, dou fe.

A maxistrada xuíza

O/a letrado/a da Administración de xustiza

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ibercar Alquiler de Automóviles, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

O Porriño, 13 de febreiro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza