Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 55/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 55/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rober Barbeito Rey contra o Fogasa e Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza: 46/2017

Procedemento ordinario 55/2015

Sobre: ordinario

Demandante: Rober Barbeito Rey

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 55/2015, sendo parte neste, como demandante, Rober Barbeito Rey, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e, como demandado, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por Rober Barbeito Rey e, en consecuencia, condénase a demandada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 891,90 euros, máis o xuro do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza