Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 56/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 0000056/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Vázquez Saavedra contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 45/2017

PO procedemento ordinario 56/2015

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: Adrián Vázquez Saavedra

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Sentencia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 56/2015, nos cales son parte, como demandante, Adrián Vázquez Saavedra, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e, como demandado, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, a pesar da súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes [...]

Decido.

Estimar a demanda interposta por Adrián Vázquez Saavedra e, en consecuencia, condenar a demandada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 1.125,02 euros, máis o xuro do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social núemro 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza