Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 181/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 181/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Villaverde Delgado contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A. se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Patricia Villaverde Delgado, fronte a Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., parte executada, por importe de 3.725,57 euros e de 750,41 euros de xuros sinalados en sentenza, máis 447,59 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de Xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC; queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorra a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título. Non será a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Patricia Villaverde Delgado e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Unión Tiendas Electrodomésticos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza