Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1074/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1074/2016 a instancia de José Luis Vázquez Domínguez contra a empresa Foncal Coruña, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos que recaeu sentenza en data 23.1.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo:

Estímase a demanda formulada por José Luis Vázquez Domínguez fronte á empresa Foncal Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Foncal Coruña, S.L., ao traballador.

– Condénase a Foncal Coruña, S.L., a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 45.252 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 16.466,70 euros, aos que haberán de engadirse os que se perciban ata a súa notificación a razón de 62,85 euros diarios.

– Condénase a Foncal Coruña, S.L., a aboar a José Luis Vázquez Domínguez a cantidade de 7.044,19 euros en concepto de salarios e axudas percibido os conceptos salariais os xuros moratorios do 10 % previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Foncal Coruña, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

A secretaría xudicial