Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (167/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 167/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Teresa Gesto Castro contra a empresa Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A., ditouse a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data 20.2.2014 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por María Teresa Gesto Castro contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A. que deu lugar á incoación do procedemento ordinario 167/2014.

Segundo. Que pola parte demandante se presentou escrito desistindo da demanda e se comunicou o anterior á parte contraria sen que se opuxese a devandita desistencia.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el, e non opoñéndose a parte demandada a devandita desistencia, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LAC sobreser as actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo: ter por desistida á parte demandante da súa demanda acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivo dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza