Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (869/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 869/2014 a instancia de María Dolores Penalonga Ruiz contra a empresa Confederación de Autónomos y Profesionales de España (CAYPE) e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos que recaeu sentenza en data 24.1.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo:

Estímase a demanda formulada por María Dolores Penalonga Ruiz fronte á empresa Confederación de Autónomos y Profesionales de España e, en consecuencia:

– Condénase á empresa María Dolores Penalonga Ruiz a aboar á Confederación de Autónomos y Profesionales de España a cantidade de dous mil novecentos sesenta e seis euros con corenta e nove céntimos de euro (2.966,49 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confederación de Autónomos y Profesionales de España (CAYPE) expido e asino a presente.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial