Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02869-O-2016 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02869-O-2016 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou proporen as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02869-O-2016

7541-CSZ

Pescados Leiviña, S.L.

B15858145

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

3.10.2016; 12.50; AP9; 1,3

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03144-O-2016

CC-6593-K

Francisco Javier Álvarez Agrelo

33283410H

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 por cento.

5.11.2016; 14.37; A54; 93,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

XC-03160-O-2016

4935-CVW

Transportes Enjamio, S.L.

B70129226

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perda a súa validez.

13.11.2016; 16.58; N-634; 666,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-03167-O-2016

5176-HTN

Freire Rodríguez María del Carmen

32768985B

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

14.11.2016; 12.21; N634; 709,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros