Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-03231-O-2016 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores PO-03231-O-2016 e nove máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado/a

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-03231-O-2016

0461-BKP

Eduardo Miralles Millán

46967620X

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

30.3.2016; 16.28.00; PO-531; 11,4

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 €

PO-03741-S-2016

7228-JDV

Recuperatrack, S.L.

B86556479

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

21.4.2016; 7.40.00; avenida Lavadores con r/ Gandarón

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 €

PO-03860-O-2016

5322-BXW

Tomiñesa de Excavaciones y Transportes

B94084415

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

30.5.2016; 18.36.00; A-55; 24,0

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 €

PO-03862-O-2016

5322-BXW

Tomiñesa de Excavaciones y Transportes

B94084415

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

30.5.2016; 18.36.00; A-55; 24,0

Artigo 141.17 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401 €

PO-03883-S-2016

1257-GGY

Almacenes Celso Míguez, S.A.

A36005718

O inadecuado funcionamento imputable ao transportista do tacógrafo, ou dalgún dos seus elementos.

22.6.2016; 18.30.00; avenida Madrid con Barxa do Covelo, s/n

Artigo 140.33 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €

PO-03975-O-2016

1390-BHM

Maderas Cajaraville, S.L.

B27799618

O exceso igual ou superior ao 10 % e inferior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 10 %.

17.6.2016; 13.03.00; N-550; 148,0

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 €

PO-04020-O-2016

LU-2244-S

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

23.6.2016; 4.51.00; N-550; 124,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 €

PO-04333-O-2016

1835-FLD

Pescados Rodomar, S.L.

B94117801

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

22.7.2016; 7.00.00; PO-546; 3,5

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 €

PO-04610-O-2016

4743-CFP

Casas Rústicas del Atlántico, S.L.

B36503381

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

30.8.2016; 8.25.00; PO-308; 12,8

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

375 €

PO-05008-O-2016

3092-GSV

Wang Yongkang

X3460992K

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

31.8.2016; 9.30.00; A-55; 12,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €