Expediente: IN407A 2016/3035-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: adecuación CT Mercado Inés de Castro (15CAU6).
Concello: A Coruña.
Características técnicas:
Reforma centro de transformación denominado Mercado Inés de Castro (expediente 34.086), de 400 kVA, relación de transformación de 15.000/400V, de tipo convencional en local de obra civil situado en planta de garaxe. Proxéctase a substitución da aparellaxe existente, por un novo conxunto de celas modulares 2L+1P con envolvente metálica e illamento SF6, substitución do cadro de baixa tensión existente por un novo tipo AC4-1600 e novos cables de media e baixa tensión.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña