Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (187/2015).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 187/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Gómez Martínez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Alstom Power, S.A., Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U., Hidrocantábrico Energía, S.A. e a administración concursal de Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxo encabezado e parte dispositiva se sinala a continuación:

Sentenza.

Na Coruña o vinte e catro de xaneiro de dous mil dezasete.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado, co número 187/2015, en que son parte, dun lado como demandante José Luis Gómez Martínez, asistido polo letrado Federico Novo Prego, e como demandados o INSS e a TXSS, que comparecen representados polo letrado Francisco Requejo Gutierrez; Alstom Power, S.A., representada polo letrado José Daniel Pedrero Torres; Hidrocantábrico Energía, S.A., representada pola letrada Carmen Trabanco García; Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U. e a administración concursal de Talleres y Aplicaciones del Eume non comparecen malia estaren citadas en legal forma, sobre prestacións, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza:

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Luis Gómez Martínez contra o INSS, a TXSS, Hidrocantábrico de Energía, S.A., Alstom Power, S.A. e Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., e absolvo estas entidades dos pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza