Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8319

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (115/2016).

Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 115/2016, seguido por instancia de PSA Financial Services Spain EFC, S.A. fronte a Felipe Vázquez Fuentes, Vázquez Forestal, S.L. e Mª Carmen Fuentes Barreiro, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Lalín, 23 de novembro de 2016.

Xuíz: Gonzalo Sans Besada.

Demandante: PSA Financial Services Spain EFC, S.A.

Procurador: Manuel Ceán Garrido.

Letrado: Cándido Francisco Rivera.

Demandados: Vázquez Forestal, S.L., María del Carmen Fuentes Barreiro e Felipe Vázquez Fuentes, todos declarados en situación de rebeldía procesual.

Obxecto: reclamación de cantidade derivada de responsabilidade contractual.

Resolución estimo integramente a demanda presentada por PSA Financial Services Spain EFC, S.A. fronte a Vázquez Forestal, S.L., María del Carmen Fuentes Barreiro e Felipe Vázquez Fuentes e, en consecuencia, condeno os demandados a aboar á demandante a suma de 11.615,76 euros, máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda, así como ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso haberá de acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E encontrándose os devanditos demandados, Felipe Vázquez Fuentes, Vázquez Forestal, S.L., Mª Carmen Fuentes Barreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Lalín, 3 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza