Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8317

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (636/2015).

Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María-Cruz Eiriz Valladares, Salome Eiriz Valladares, Salvador Eiriz Abonjo, María-Amelia Eiriz Valladares, Jesús-Olegario Eiriz Valladares fronte a Jesús Valladares Abeledo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Lalín, 30 de decembro de 2016

Xuíz: Gonzalo Sans Besada

Demandantes: María Cruz Eiriz Valladares, Salomé Eiriz Valladares, Jesús Olegario Eiriz Valladares, Salvador Eiriz Abonjo e María Amelia Eiriz Valladares

Procurador: Manuel Ricardo Nistal Riádigos

Letrado: José Luis Santorum López

Demandado: Jesús Valladares Abeledo (en situación de rebeldía procesual)

Obxecto: división de cousa común.

Resolución

Estimo integramente a demanda presentada por María Cruz Eiriz Valladares, Salomé Eiriz Valladares, Jesús Olegario Eiriz Valladares, Salvador Eiriz Abonjo e María Amelia Eiriz Valladares fronte a Jesús Valladares Abeledo e, en consecuencia:

1. Declaro que os tres predios descritos no fundamento de dereito primeiro pertencen aos demandantes e ao demandado a título de donos, en proindivisión, coa seguinte participación: os irmáns Eiriz Valladares, 29/45 partes; Jesús Valladares Abeledo, 8/45 partes, e Salvador Eiriz Abonjo, 8/45 partes, con carácter ganancial.

2. Declaro extinguido o condominio sobre os referidos predios, polo que se deberá procederse á súa división debendo ser adquiridas por algún dos condóminos ou ben, en caso de que ningún deles queira exercer este dereito nos termos do artigo 404 CC, mediante venda en poxa pública con intervención de licitadores estraños e conseguinte repartición do produto obtido desta entre os condóminos, en proporción ás súas cotas. En tal caso, os valores fixados no informe pericial achegado xunto coa demanda (documento nº 9) e elaborado don Luis Ángel Fernández Fernández servirán de tipo para a poxa.

3. Condeno o demandado a avirse ás anteriores declaracións e a acatalas e cumprilas, así como o pagamento das costas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso haberá que acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E encontrándose o devandito demandado, Jesús Valladares Abeledo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 30 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza