Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 667/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 667/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel González Iglesias contra a empresa Alba Technology, S.L., administración concursal de Alba Technology, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 667/2014, en que foron parte, dun lado, como demandante, Miguel González Iglesias, con DNI nº 44486654P, asistido polo letrado José Ramón Baña Caamaño e, como demandados Alba Technology, S.L., administrador concursal de Alba Technology, S.L. e Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Miguel González Iglesias, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Alba Technology, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 661,01 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alba Technology, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza