Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5749

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3370/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3370/2016 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 8/2016. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Jorge Buezas Méndez

Avogado/a: servizo xurídico da Seguridade Social, Estela María Tome Torres

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones Buezas Andrade, S.L.

Avogado/a: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ana María Moreno Lugrís

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3370/2016 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Jorge Buezas Méndez contra a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones Buezas Andrade, S.L., sobre accidente de grao, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolución

Estimamos o recurso de suplicación interposto polo INSS e Jorge Buezas Méndez fronte á sentenza do 6 de maio de 2016 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada nos autos número 8/2016 seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e sendo tamén demandados os TXSS e Construcciones Buezas Andrade, S.A. Todo iso revoga a sentenza de instancia e desestima demanda no seu día presentada, manténdose, polo tanto, a situación de incapacidade permanente total que foi recoñecida en vía administrativa.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debeprepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Buezas Andrade, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza