Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5751

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1988/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1988/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A. e Ana María Sampedro Fernández, sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo, con data do 5 de decembro de 2016, ditou a seguinte resolución:

«Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial, representado e defendido polo avogado do Estado, contra a Sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 29 de setembro de 2015, no recurso de suplicación 1988/2015, interposto contra a Sentenza ditada o 19 de febreiro de 2015 polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, nos autos 980/2014, seguidos por instancia de Ana María Sampedro Fernández contra o dito recorrente e a entidade Limpiezas Secope, S.A., sobre despedimento obxectivo individual.

Declarar a firmeza da sentenza impugnada. Impoñer as custas ao recorrente. Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza