Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5746

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2254/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2254/2016 IP

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 228/2015. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrentes: María Sanjuan Martínez, Ángeles López Sanjuan, Pedro López Sanjuan, Juan Carlos López Sanjuan

Avogado: Víctor Manuel López Casal

Procurador: Jaime José del Río Enríquez

Recorridos: Fogasa, Mapfre Global Risks, Cía. Internac. Seguros (antes Mussini, S.A. e Mapfre Empresas), Izar Construcciones Navales, S.A.E.L., Navantia, S.A., Foque, S.L.

Avogado/a: Fogasa, Nemesio Barxa Álvarez, Jorge Manuel Vázquez Miranda, Abel López Carballeda

Procurador: Xulio Xabier López Valcarcel

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2254/2016 desta sección, seguido por instancia de María Sanjuan Martínez, Ángeles López Sanjuan, Pedro López Sanjuan, Juan Carlos López Sanjuan contra o Fogasa, Mapfre Global Risks, Cía. Internac. Seguros (antes Mussini, S.A. e Mapfre Empresas), Izar Construcciones Navales, S.A.E.L., Navantia, S.A. e Foque, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Víctor Manuel López Casal, en nome e representación de María Sanjuan Martínez e de Ángeles, Pedro e Juan López Sanjuan, contra a sentenza do trinta de novembro de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, en autos seguidos por instancia dos recorrentes fronte ás empresas Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, Navantia, S.A., Mapfre Musini, S.A. (hoxe Mapfre Global Risk, Cía. Internacional de Seguros y Reaseguros, S.A.), Rodolfo Sama Construcciones, S.A. e Foque, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, indemnización de danos e perdas derivados de enfermidade profesional, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza de instancia, condenamos a codemandada Navantia, S.A. a aboar aos demandantes, de forma solidaria con Izar Construcciones Navales, S.L. en liquidación, e Foque S.L., a cantidade de cento vinte e seis mil cincocentos trinta e oito euros con setenta céntimos (126.538,70 euros), cos xuros legais correspondentes, e mantemos o resto dos pronunciamentos condenatorios e absolutorios contidos nela.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (remuneración da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rodolfo Lama Construcciones, S.A. e Foque, S.L., na actualidade en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza